Deseñadores nacionais e internacionais converten a Camariñas na capital da moda

O encaixe estará presente en todos os deseños que se mostren nas distintas pasarelas da mostra de Camariñas Recoñecidos deseñadores nacionais e internacionais convertirán esta Semana Santa a Camariñas como a capital da moda. Na pasarela amosaranse as orixinais propostas dos participantes baixo un denominador común: a incorporación do encaixe en todos os deseños. Dende traxes de noiva e festa ata roupa de rúa máis sinxela ou arriscados tocados que tamén incoporan as preciadas puntillas. Amaya Fernández Blanco (Vigo), Ana Cabranes (Asturias), Claudina Mata (Granada), Devota & Lomba (Madrid), Esteban Freiría (Málaga), Javier Barrio (Pontevedra), José Matteos (A Coruña), Noriko Hashizume (Xapón), Sara Lage (Lugo) e Mar Balmón (complementos) cítanse estes días en Camariñas. Tamén participará a deseñadora local María Campaña. Ademais dos traballos dos recoñecidos deseñadores durante cinco días poderase ver en Camariñas as creacións das futuras promesas que participan no concurso. Uns trinta mozos e mozas de todo o territorio nacional participan no certame que se popularizou nos últimos anos. Tamén participan no certame dezasete delegacións extranxeiras, procedentes de países tan variados como Xapón, a India, Arxentina, entre outros, que darán a coñecer as principais técnicas dos seus respectivos países. Durante todos os días da mostra haberá demostracións en vivo das palilleiras e postos de venta con artesanías de todo tipo. A mostra do Encaixe de Camariñas inaugurase mañá mércores e clausurase o 16 de abril.
Xornada para profesionais da moda A primeira xornada da XXVII mostra do Encaixe de Camariñas será mañá mércores e estará adicada aos profesionais da moda. Ás 12:30 horas haberá un pase exlusivo para os asistentes cos deseños de Amaya Fernández, Ana Cabranes, Claudina Mata, Devota & Lomba, Esteba Freiría, Javier Barrio, José Matteos, Noriko Hashizume, Sara Lage e Mar Balmón e, a continuación, participarán nunha comida na localidade camariñana. A inauguración do certame terá lugar mañá ás cinco da tarde coa presenza de numerosas autoridade. O acto estará presidido pola directora xeral de Comercio - Sol Vázquez - e o presidente da Deputación da Coruña - Valentín González Formoso. Dentro das numerosas actividades paralelas, este ano haberá por primeira vez a recreación das antigas Palilladas que tiñan lugar na localidade coa participación da asociación de Amas de Casa de Camariñas. Os alumnos da escola municipal de Palillo tamén participarán no desfile inagural da Mostra cos traballos feitos por eles mesmos.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación de A Coruña
  • Concello de Camariñas