Dous detidos en Camariñas por maltrato animal

Producíase onte en Camariñas unha doble detención por un suposto delito de maltrato animal. Así o fixo público a Garda Civil, despois de descubrir un can, un American Stanford, pechado nunha vivenda con "signos evidentes de desnutrición extrema".

A unidade do Seprona da Garda Civil de Corcubión comezaba a investigación aló polo 16 de abril despois da aparición dunha serpe pitón morta na localidade camariñá.

A raíz desa investigación descubriron a presenza deste can, que non tiña chip, e que "apenas tiña forzas para comer".

Os detidos, tras pasar declaración, están en liberdade con cargos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).