Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un asasinato, un maltrato e un abandono: mala semana para os cans na Costa

Un asasinato, un maltrato e un abandono: mala semana para os cans na Costa

Esta semana as Veterinarias da Clínica Argos de Cee e coordinadoras de Salvacadelos veñen de vivir varios casos esperpénticos. Nada menos que un Asasinato, un maltrato e un abandono, para refrendar que aínda fai falta moita educación.

Asasinato

Comezando polo que acontencía onte no peirao de Brens. Un can aparecía afogado cunha pedra atada ao pescozo. Algún desalmado atou ao can, de raza grande semellante a un boxer, a un bloque de cemento, e o botou ao mar.

Aló aparecía á chegada do Seprona, co lombo saíndo por fóra da auga nunha escena de película de terror. Pero como podemos ser tan salvaxes?!?!

I é que a cousa é aínda máis sangrante, pois o can tiña chip. O SEPRONA procedía esta mañá á recollida do animal e identificación dos responsables do can. Pero o máis probable é que nunca se poida demostrar a autoría dos feitos. As penas rondan dende unha severa multa económica, a unha lixeira pena de cárcere, que normalmente nunca se chega a cumprir.

Un novo caso de maltrato

Pero a semana non quedou aí. Esté que contamos tamén é un caso especial. Esta cadeliña "apareciu" en Baio, con claros signos de maltrato: feridas na cabeza e hemorraxias oculares, dolor ó palparlle a cara, nin se movía do sitio... Agora, tras un par de semanas da man das veterinarias, xa está boa. Ten un aniño, e é moi boa e cariñosa, e por suposto, necesita un novo fogar onde esquecer as pantasmas.

Máis abandonos

Esta cadeliña foi atopada en Fisterra, é noviña e de raza pequena. A persoa que a atopou corriu cos gastos da súa esterilización para que fose máis doado encontrarlle un novo fogar. É moi boiña.

Unha historia bonita

Polo menos, hoxe podemos contar unha historia bonita, das que fan que esta iniciativa teña sentido. Aí vemos á salvadora Mónica, encantadísima da vida dende que acolleu ao seu novo amigo, Hugo, que tivo que deixar marchar á súa familia emigrante, pero que xa está encantado no seu novo fogar.

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

Comentarios