Dúas mestras do IESP Pedra da Aguia intercambian Boas Prácticas en Xordania

Profes do IES Pedra da Aguia en Xordania

Hai profesorado que sabe o que significa a formación continua. E que o practica. Como o do activo IESP Pedra da Aguia, que foi escollido como un dos 15 centros de España gañadores do premio Vicente Ferrer do curso 2018/19, polo seu traballo de sensibilización, concienciación, desenvolvemento do espíritu crítico e pola participación activa do seu alumnado na consecución dunha cidadanía solidaria.

A experiencia educativa “O cambio comeza no IESP Pedra da Aguia, súmaste?” mereceu este recoñecemento e por este motivo dúas profesoras que desenvolveron a actividade, Susana Álvarez (C. Sociais e responsable da biblioteca escolar) e Mª José Varela (L. francesa), viaxaron o pasado día 5 a Xordania.

Alí participaron cos docentes representantes dos outros centros premiados, no seminario: “Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas en Educación para o Desenvolvemento”, que se está a celebrar ata o día 13 baixo o auspicio da AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional para o desenvolvemento).

Unha experiencia que, sen dúbida, está sendo inesquecible para as mestras, e que de seguro redundadará nunha educación máis igualitaria e respectuosa co mundo no alumnado do centro da Ponte do Porto.

NOVAS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO