Sábado. 24.08.2019
El tiempo

Os Directores do CEIP Os Muíños e o IES de Baio tamén se forman de Erasmus en Polonia

Manolo Maseda e Aurelia Picallo na viaxe a Polonia no programa Erasmus
Manolo Maseda e Aurelia Picallo na viaxe a Polonia no programa Erasmus
Os Directores do CEIP Os Muíños e o IES de Baio tamén se forman de Erasmus en Polonia

A pasada semana foi unha semana especial para os directores de dous centros da bisbarra. Seguindo o plan de formación do profesorado organizado polo CFR de Coruña en colaboración co CFR de Ferrol, e despois de viaxe a Cardiff do pasado mes de decembro, a directora do CEIP Os Muíños, Aurelia Picalo, e o director do IES Maximino Romero de Lema, Manolo Maseda, participaron nunha nova proposta do Proxecto Erasmus+ de "Liderazgo e Internacionalización de centros”.

Desta volta tocou viaxar a Polonia para “mellorar as competencias profesionais docentes dos equipos directivos, coñecendo os sistemas de xestión de outros centros europeos e implementando as boas prácticas observadas”, como nos conta Picallo.

Reunion de traballo no marco do Erasmus de directores

”Estas mobilidades pretenden observar as fortalezas e debilidades das direccións educativas en outros países de Europa (Polonia, Reino Unido, Suecia e Dinamarca entre outros) e ao mesmo tempo tecer plataformas de traballo colaborativo entre as propias direccións que forman parte do proxecto”, explica Maseda. “O obxectivo prioritario é partillar as boas práticas e atopar o xeito de adaptalas aos seus respectivos Centros. Certamente a organización dos centros educativos nos diversos espazos da Comunidade Europea é moi diversa, pero hai puntos en común que poden servir de espazo marco para artellar propostas conxuntas”, apunta o mestre burelán.

Nesta segunda viaxe (Job shadowing) visitaron o WCIES (centro de formación e asesoramento do profesorado), o Technikum Poligraficzne (centro de FP) e dous centros de primaria (Skola Podstawowa Klonowego Liścia e Skola Podstawowa Tony Halika), entrando en contacto co sistema educativo Polaco e observando as metodoloxías utilizadas nos centros.

FOTO EQUIPOS DIRECTIVOS VARSOVIA

Novas relacionadas

Comentarios