O Encaixe no Camiño convírtese nunha gran recreación do Camiño Xacobeo do Rei Alfonso IX

Presentacion do Encaixe no Camino
Presentación do Encaixe no Camiño

Segue Camariñas apostando polo Camiño. Ademais de postularse como o “paraíso” Camiño da Resurrección da man do libro de Sebastián Vázquez, a vila quere amosar a importancia do encaixe no "O Camiño Xacobeo do Rei Alfonso IX”.

Así, esta fin de semana presentaban na sala que a Asociación de Empresarios do sector Turístico de Camariñas ten no faro Vilán, o proxecto "O Camiño Xacobeo do Rei Alfonso IX" como prolongación de "O Encaixe no Camiño”, unha especie de ruta teatralizada e musicalizada que vai dende Cereixo a Terras de Laxe e que se celebrará os vindeiros 05 e 06 de setembro.

Esta cuarta edición do #EncaixenoCamiño comeza o sábado ás 11:00h coa saída da comitiva desde A Casa dá Pedra cara ao porto para recibir ao Rei Alfonso IX. Ás 11:30h representarase o Desembarco do Rei Alfonso IX no porto de Camariñas, cunha Recreación teatral da chegada do Rei e posterior paseo en cabalo por diferentes puntos de Camariñas.

Ás 12:00h será a recreación da camiñada acompañando ao Rei Alfonso IX ata Cereixo, facendo paradas con representación teatral en Xaviña e Cereixo. Xa ás 14:00 toca pícnic na contorna da igrexa de Cereixo. e ás 16:00h continuarase coa prolongación da camiñada ás “Terras de Laxe”, facendo paradas con representación teatral en Soesto e Serantes.
Ás 19:00h realizarase a volta en autobús para os rexistrados.

O domingo tamén haberá, ás 17:00 a recreación do desembarco da Dama italiana que segundo a lenda, ensinou a palillar.

Novas relacionadas