O Faro de Cabo Vilán completa a oferta da Semana Santa encaixeira abrindo a nova temporada

Imaxe da sala de exposicións do Faro Vilán

Coincindo co comezo da Mostra do Encaixe, o Faro de Cabo Vilán volverá abrir ao público este mércores, 1 de abril, dando comezo a unha nova tempada que se estenderá ata o mes de novembro.

A reapertura é posible grazas ao impulso da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, en colaboración coa Deputación, co obxectivo de seguir poñendo en valor un dos enclaves máis emblemáticos da Costa da Morte.

A súa apertura permite que veciñanza e visitantes poidan achegarse ao entorno e desfrutar das instalacións expositivas e da actividade cultural que se desenvolverá ao longo da tempada.

O horario de apertura será, polo momento, de mércores a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas. Os luns e martes permanecerá pechado por descanso do persoal.