O visitante do Faro Vilán segue pedindo subir á torre do Faro

Pasan os veráns, pero a principal suxestión dos visitantes do Faro Vilán segue sendo as mesmas: subir á torre do Faro.
Así o constata a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas no seu balance de verán. A entidade leva de 2016 facendo unha importante colleita de datos a través dunha enquisa, unha das poucas que serve para identificar o perfil do visitante da Costa da Morte.
Dende Semana Santa, o Faro Vilán recibiu neste 2025 9.272 persoas. En total, dende que a AEPT de Camariñas está no faro Vilán visitaron ó mesmo 485.964 persoas.
Os datos explican que case a metade dos visitantes teñen a idade comprendida entre os 35-65 anos, e case a metade dos visitantes viaxa en familia, con estancias de 2-4 días de media, sobre todo en hoteis.
Como era previsible, o medio de transporte utilizado para visitar a Costa da Morte sen dúbida é o coche, e 83% dos visitantes utilízano.
O motivo principal da viaxe fundamentalmente ocio, cultura, natureza, deporte, estando o Camiño dos Faros, como un dos principais argumentos.
O boca a boca sigue sendo o método máis utilizado da xente que nos visita, recomendacións de amigos e visitantes. E pola contra, a estatística sinala que moi pouca xente comparte a experiencia da viaxe a Costa da Morte en redes sociais, nin utiliza códigos Qr ou aplicacións turísticas.
Paisaxe e gastronomía vs o tempo
Cando lle preguntan que foi o que máis lle gustou, repítese a paisaxe, a xente, o entorno, a tranquilidade, a gastronomía... e no referente ao que menos, o vento do nordés, a brétema, as estradas, os incendios, pouca información en inglés.
Outras suxestións do visitante
Ademais de subir a torre do faro, os visitantes puden visitas guiadas a torre do faro como ocorre coa torre de Hércules. A moitos gustaríalle poder ver a palilleiras en directo no faro, ademais de conseguir unha mellor conservación do faro, incentivar o transporte público entre pobos. Singular outra das peticións que dá conta dos novos tempos que vive a comarca: máis comida vexetariana en locais hosteleiros.
Nova exposición

Así mesmo, a entidade, coa idea de manter vivo o Faro, volve organizar unha nova exposición para estes meses de setembro e outubro. Desta volta é o pintor francés François Jeune (Lyon,1953) o que trae a súa experimentación coas cores e ca auga ao faro camariñán.
Novo horario do Faro Vilán
A entidade lembra o cambio de horario: Luns e martes o Faro estará pechado por descanso do persoal e de mércores a domingo o horario será de 10-14 e de 15-18, pechando definitivamente en novembro ata a nova tempada 2025.