sábado. 22.11.2025
El tiempo

O Faro Vilán pecha a temporada con máis de 12.700 visitantes

Familiares e concelleiras de Anton Mouzo no Faro Vilan
Imaxe da exposición de Antón Mouzo no Faro, unha das máis exitosas da temporada.
O Faro Vilán pecha a temporada con máis de 12.700 visitantes

A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas vén de pechar ao público o Edificio de Servizos Múltiples do Faro Vilán dando por rematada a tempada de visitas deste ano. A entidade, que mantén aberto, e vivo, o único Faro da Costa da Morte, a través de exposicións, atención ao visitante, actividades culturais e propostas vencelladas á difusión do patrimonio mariñeiro e histórico da comarca.

A entidade fai un balance positivo dos visitantes que pasaron polo faro Vilán nesta tempada de apertura 2025 (dende Semana Santa ata novembro), que foron un total de 12741 persoas.
O 84% dos visitantes son nacionais, dos cales o 32% son galegos (á súa vez o 60% son da propia provincia). Entre os turistas nacionais, destacan os procedentes de Madrid que son o 28% dos visitantes nacionais seguidos dos procedentes de Cataluña (13%).

O turismo internacional representa o 16%, destacando os procedentes de Francia 23%, seguidos dos de Italia 18% e un 17% doutros países europeos (Especialmene Paises Baixos,Austria, entre outros).

 

Comentarios