O Faro Vilán limpa a súa contorna co voluntariado de Mar de Fábula
07 de xuño de 2022 (07:41 h.)
Enmarcadas na designación do Faro Vilán como Centro Azul e dende un punto tan emblemático como é este faro, a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas prepara xa unha serie de actividades medioambientais na contorna. E para iso, une forzas coa asociación Mar de Fábula.
A primeira acción conxunta será unha flimpeza do Coidal do Vilán e os accesos ao faro. A data da limpeza é o vindeiro sábado día 11 de xuño ás 11:00h e o punto de encontro é no aparcamento do faro.
A efectos de cobertura de seguros e medidas sanitarias compre apuntarse con nome, apelidos e DNI no correo asociacionempresarioscamarinas@gmail.com ou ben chamando ao 647608158.
Novas relacionadas
- Maio 22: O Faro Vilán, o único Faro vivo da Costa da Morte, consegue abrir as portas por 10º ano consecutivo.
- A Costa da Morte mantén as 10 praias con Bandeira Azul e un Faro como Centro Azul.
- As crebas invaden o Faro Vilán.