Domingo. 03.07.2022
El tiempo

As crebas invaden o Faro Vilán

Exposicion Mar de Crebas Faro Vilan
As crebas invaden o Faro Vilán

Segue vivo e aberto gracias ao compromiso da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas. E volverá estar cheo de arte para volver ser un dos puntos referentes do verán como o único Faro aberto de toda a Costa da Morte.

De feito, volven as exposición, inmellorables excusa para ir cada mes ao Vilán. Desta volta, do 01 de xuño ao 05 de xullo a sala de exposicións acolle a exposición artística «Mar de Crebas» de Retoque Retro.

Retoque Retro son unha asociación sen ánimo de lucro en defensa da arte e do medio ambiente con especial atención ao medio mariño. Javier Serantes (escultor), Ana Lee (mestra) e Isabel García (bióloga), forman unha equipa multidisciplinar unidos pola sensibilidade artística e pola conciencia medioambiental.

Utilizan a arte para concienciar á sociedade. O lixo ninguén o quere mirar, cáusanos rexeitamento e culpabilidade. A arte toca a sensibilidade das persoas, serve para abrir os ollos e pararnos a admirar e reflexionar. O seu ámbito de actuación son as praias. Son crebeiros. Dende hai 10 anos percorren as praias galegas seleccionando todo o lixo que poida servir para a súa arte e tamén para coleccionar. Teñen moito coñecemento do lixo que se repite con máis frecuencia nas praias, o cal utilizan para divulgar e sensibilizar.

Novas relacionadas

comentarios