Sábado. 12.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte mantén as 10 praias con Bandeira Azul

  • O Faro Vilán únese á rede de Centros Azules
Praia de O Osmo copia
Praia do Osmo
A Costa da Morte mantén as 10 praias con Bandeira Azul

Vén de presentar a ADEAC a lista de praias con Bandeira Azul do estado. Esa lista de areais que deberían estar acondicionadas, limpas e contar con servizos básicos e accesibilidade. Ao longo dos anos vimos comprobando a  realidade que se agocha detrás desta bandeiras, que por un lado supoñen un interesante escaparate turístico, pero por outro provocan importantes obrigas nos concellos que as solicitan<(a>, e non sempre implican melloras para os usuarios, como o comprobaron esta semana Mar de Fábula esta semana na avaliación do estado de saúde dunha destas praias..

En calquera caso, semella que tras moitos anos de idas e vidas (certo é que depende dos vaivéns políticos), os 5 Concellos máis comprometidos manteñen as súas apostas por 10 areais.

A comarca segue sen ter o Club Náutico recoñecido, despois de ter perdido o curso pasado o de Camariñas.

Si que temos novides sobre os Centros Azuis da Costa da Morte con Bandeira Azul 2022. O Centro de Visitantes do Faro Vilán (que ademais vai reabrir as súas portas) únese ao Museo Man de Camelle (Camariñas) e ao Centro de Interpretación dos Muíños de Golmar da Laracha.

Praias da Costa da Morte con Bandeira Azul 2022

Concello Praia
Camariñas Arou
Carballo Pedra do Sal
Razo
Saíñas
Dumbría Ézaro
A Laracha Caión
Laxe Laxe
Ponteceso A Ermida
Balarés
O Osmo

 

Novas relacionadas

Comentarios