Leccións de turismo dende e para Camariñas

A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas celebrou na xornada do pasado mércores, 27 de xullo, un curso subvencionado pola Deputación da Coruña para a dinamización de Camariñas como destino turístico. A actividade consistiu nunha viaxe organizada cun guía para sensibilizar e preparar ás empresas e á poboación para a acollida de turistas en Camariñas. Novas relacionadas Fonte
  • Nota de prensa da Asociación de Empresarios de Camariñas.