Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Vimianzo abre a súa caseta de información turística

Vimianzo abre a súa caseta de información turística
Corren malos tempos para os concellos, que teñen que procurar o xeito de cubrir determinados servizos que antes financiaban Xunta ou Deputación e agora xa non. Un exemplo delo é o acontecido en Vimianzo, onde o alcalde Manuel Antelo decidiu abrir a caseta de información turística da vila, logo de levar varios anos pechada. Nunha entrevistá en Radio Nordés, Antelo asegurou que con esta decisión pretenden “que o turismo reforce a nosa economía. Daba pena pasar por diante da caseta nos meses de verán e vela pechada”. Antelo basea esta apertura non só na necesidade de prestar os servizos, senón tamén nunha “cuestión de imaxe de cara ao turismo”. O alcalde de Vimianzo dixo que se decidiu poñer persoal propio do Concello, e abrir a instalación “cando menos durante os meses de verán”. Antelo laiouse da falla de axudas e apoios, pero avogou por “facer un esforzó e optimizar os recursos que temos porque somos unha entrada para o resto da Costa da Morte”. A caseta, situada na Torre, abre de luns a venres de 16:00h a 20:00h. Os luns tamén abre pola mañá en horario de 11:00h a 14:00h.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios