Mar de Fábula convoca unha nova limpeza voluntaria en varios coídos camariñáns

A comprometida Asociación Mar de Fábula volve facer un chamamento para este domingo 26 de novembro para seguir salvando o noso litoral.

A limpeza voluntaria será nos coídos de Camariñas, Portocelo, O Pindo e Boliños da Fortuna.

O lugar de encontro será ás 11:00 no aparcamento do Castelo do Soberano (Camariñas).

A efectos de cobertura de seguros é preciso anotarse con nome, apelidos e DNI no correo electrónico: info@mardefabula.gal ou no número de teléfono: 660 242 118.

Máis novas de Mar de Fábula