A ANPANXOGA axudou a limpar o mar de Camelle
Esta pasada fin de semana o centro de actividades ambientais de Mar de Fábula en Camelle recibía a visita de Anpanxoga - Asociación Galega de Familias con Membros e Rapazada Xordos.
Eran unhas 30 persoas entre adultos e menores, acompañadas por dúas intérpretes da linguaxe de signos. Despois das palabras de benvida e descripcións das actividades a realizar ao longo da xornada, nunha espléndida mañá de ceo aberto e vento en calma, xs voluntarixs deron comenzo ao traballo de limpeza da praia, poñendo entusiasmo e atención para apañar o lixo plástico mesturado cos argazos ao longo da liñas de marea e centos de microplásticos.
Despois da limpeza, caracterización do lixo recollido e depósito nos respectivos contedores situados ao pé da praia, as familias visitantes desprazáronse nun corto paseo cara ás instalacións de Mar de Fábula. Aqui, logo da habitual charla interactiva sobre a contaminación do lixo plástico no mar, mostra empírica do quencemento global e visualización da fábula das criatura caóticas, todxs xs adultxs e nenxs ceibaron a súa imaxinación nun obradoiro de lixo plástico creando figuras e animais fántasticos.
A colleita do lixo que non volverá ao mar foi a seguinte :
- Botellas de plástico e latas de bebidas = 19
- Cabichas = 210
- Anacos de textil = 8
- Madeira procesada = 5
- Botellas e anacos de vidro = 7
- Cordas e cordeis = 210
- Anacos de redes e aparellos de pesca = 26
- Anacos de plástico ríxido = 31
- Anacos de envases de plástico blando = 305 ( aprox.1kg).
- Centos de anaquiños de plástico e mictoplásticos.
- Cabos de amarre dos barcos = aprox 10 kgs.
Tarde acolledora
Ao remate das actividades da mañá, as familias organizaron e disfrutaron un icnic a carón da praia, nunha paisaxe en calma e acolledora, sempre de pano de fondo a formidable Serra de Pena Forcada.
Realizaron ademais unha visita guiada ao Museo de Man e ao Museo-Xardín de Man e outra ao Faro Vilán.