Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Mar de Fábula convoca unha nova limpeza voluntaria en varios coídos camariñáns

Limpeza nun coido de Camarinas
Mar de Fábula convoca unha nova limpeza voluntaria en varios coídos camariñáns

A comprometida Asociación Mar de Fábula volve facer un chamamento para este domingo 26 de novembro para seguir salvando o noso litoral.

A limpeza voluntaria será nos coídos de Camariñas, Portocelo, O Pindo e Boliños da Fortuna.

O lugar de encontro será ás 11:00 no aparcamento do Castelo do Soberano (Camariñas).

A efectos de cobertura de seguros é preciso anotarse con nome, apelidos e DNI no correo electrónico: [email protected] ou no número de teléfono: 660 242 118.

Máis novas de Mar de Fábula

Comentarios