Mar de Fábula celebra 10 anos de acción coa primeira limpeza do ano na praia do Lago de Camariñas

Estado praia do Lago camarinas copia

O estado da praia do Lago é lamentable, como tantos outros areais nesta época do ano. E a familia de Mar de Fábula non pode ficar quieta sen facer nada, así que vén de convocar unha limpeza voluntaria e colectiva para este domingo 7 de xaneiro ás 11:30h. 

Faino ademais para celebrar o seu 10 aniversario. Xa son 10, os anos que levan organizando actividades de concienciación e limpezas de praias e coídos, polo que levarán unha doce sorpresa.

A efectos de cobertura de seguros, é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, no teléfono : 608609042 ou 660242118 ou no correo electrónico: info@mardefabula.gal

Máis novas