Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula celebra 10 anos de acción coa primeira limpeza do ano na praia do Lago de Camariñas

Estado praia do Lago camarinas copia
Estado praia do Lago camarinas copia
Mar de Fábula celebra 10 anos de acción coa primeira limpeza do ano na praia do Lago de Camariñas

O estado da praia do Lago é lamentable, como tantos outros areais nesta época do ano. E a familia de Mar de Fábula non pode ficar quieta sen facer nada, así que vén de convocar unha limpeza voluntaria e colectiva para este domingo 7 de xaneiro ás 11:30h. 

Faino ademais para celebrar o seu 10 aniversario. Xa son 10, os anos que levan organizando actividades de concienciación e limpezas de praias e coídos, polo que levarán unha doce sorpresa.

A efectos de cobertura de seguros, é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, no teléfono : 608609042 ou 660242118 ou no correo electrónico: [email protected]

Máis novas

Comentarios