Milleiros de pellets de resina volven invadir as praias de Muros

Nova catástrofe medioambiental de contaminación mariña a acontecida hoxe en Muros. Como pasara xa en 2019 en praias como Soesto e Camariñas, desta volta son varios os areais de Muros os que apareceron cheos de pequenas boliñas de pláscito. Son de novo eses pellets de resina, que deberon de caer dalgún contedor dun buque pasa polo Corredor de Fisterra e que deixa un dos peores contaminantes do planeta.
Xa a mediados de decembro aparecía un saco practicamente enteiro en Carnota, segundo nos relata o carno-alemán Sven, nas mesmas datas que aparecían ducias de sacos, algúns rotos e outros aínda sen romper, en numerosas praias de Ribeira.
Hoxe, dende Lariño, pasando polo Ancoradoiro, Area Maior e mesmo no Caldeirón e San Francisco, as coñecidas como "mermaid tears" (bágoas de serea), utilizadas en fábricas como materias primas para a construción de todo tipo de elementos de plásticos, provocan unha catástrofe tremenda, entrando de cheo na cadea trófica que sufriremos antes ou despois.


Noia Limpa
O colectivo Noia Limpa está denunciando a aparición destes pellets por numerosas praias da zona:
NOVAS RELACIONADAS
- 2019: Varios areais da comarca aparecen sementados de pequenos pellets de plástico.
- 2018: Os plásticos do buque Eloane chegan dende Fisterra ata as costas de Portugal.
- Xaneiro 18: Chega ás praias da Costa da Morte parte da carga que perdeu o buque "MSC Eloane”.
- Decembro 17: A paradoxa dun plástico que serve para descontaminar e se convirte nun perigoso contaminante.
Artigos relacionados
- Xosé Manuel Barros: Evaristo e o Corredor de Fisterra.
- 40.000 barcos atravesan cada ano o Corredor de Fisterra.