Mar de Fábula organiza unha nova limpeza de plásticos no litoral do Vilán

Non para a Mar de Fábula. A entidade radicada en Camelle continúa no seu empeño por loitar contra a contaminación de plásticos do noso litoral, e organiza unha nova limpeza para este domingo 26 de marzo na punta do Corno, na estrada do Faro Vilán, Camariñas.

O punto de encontro, ás 11:00h, será no aparcamento da punta do Corno.

A efectos de cobertura de seguros, é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, no teléfono: 608 60 90 42, ou no correo electrónico info@mardefabula.org.

 

Máis novas de Mar de Fábula