Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula organiza unha nova limpeza de plásticos no litoral do Vilán

lixo plastico no coido
Mar de Fábula organiza unha nova limpeza de plásticos no litoral do Vilán

Non para a Mar de Fábula. A entidade radicada en Camelle continúa no seu empeño por loitar contra a contaminación de plásticos do noso litoral, e organiza unha nova limpeza para este domingo 26 de marzo na punta do Corno, na estrada do Faro Vilán, Camariñas.

O punto de encontro, ás 11:00h, será no aparcamento da punta do Corno.

A efectos de cobertura de seguros, é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, no teléfono: 608 60 90 42, ou no correo electrónico [email protected].

Limpeza Mar de Fabula Camarinas

Máis novas de Mar de Fábula

Comentarios