Venres. 26.04.2024
El tiempo

Virxinia Barros toma o relevo do seu pai na presidencia de Mar de Fábula

Virxinia Barros
Virxinia Barros
Virxinia Barros toma o relevo do seu pai na presidencia de Mar de Fábula

Celebrouse esta pasada fin de semana en Camelle a Asamblea Xeral Extraordinaria de Mar de Fábula. Unha das entidades máis activas da comarca realizaba a renovación da súa directiva, unha vez que o actual presidente e a súa alma, Xosé Manuel Barros, ten que dar un paso a un lado por motivos de saúde.

A asemblea escollía a candidatura liderada pola ata o sábado Secretaria, Virxinia Barros. Virxinia é a filla do propio Xosé Manuel, que leva 9 anos sendo un verdadeiro exemplo de entrega, devoción e ilusión por cambiar o mundo dende o máis minúsculo. Un Xosé Manuel que con esa amable xeito de contar as cousas, conseguiu que unha pequena entidade radicada nun curruncho do mundo como Camelle sexa escoitada en todo o planeta. Un Xosé Manuel que merece unha estatua na vila camariñá.

Os membros da directiva fixeron un repaso das actuacións de 2022, destacando as limpezas na ribeira e as visitas de centros de ensino ás instalacións.
Ademais, este 2023 2023, as limpezas de praias e coídos seguirán tendo carta de natureza na asociación xunto cun decidido pulo para aumentar as visitas de escolares a Camelle. O desenvolvemento de varios proxectos e un decidido esforzo para a captación de novo socios foron outras das liñas de traballo fixadas pola nova presidencia.

Máis novas de Mar de Fábula

Comentarios