A Mostra do Encaixe Deputación da Coruña busca afianzarse como "cita de referencia internacional”
Esta mañá de xoves 8 de xaneiro quedou asinado o convenio de colaboración para o financiamento da 34ª edición da Mostra do Encaixe Deputación da Coruña, celebrada no mes de abril de 2025. Un acordo que serve para pensar xa na edición de 2026, no que a cita camariñá de seguir mellorando unha cita de referencia internacional no mundo da artesanía e da moda.
A Deputación apoia a celebración do evento con 120.000 euros, algo máis do 70% do orzamento total, que ascende a 170.795 euros. A contía restante está financiada con fondos propios polo Concello de Camariñas.
A Deputación da Coruña considera a Mostra do Encaixe un exemplo de como o patrimonio cultural pode converterse nun motor de economía local e turismo sostible, xerando oportunidades e mantendo vivo un saber artesanal único.
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, destacou que “a cooperación coa Deputación é clave para garantir a estabilidade e o crecemento da Mostra”, e agradeceu “o compromiso continuado da Deputación cun evento que se ten consolidado como unha referencia no seu ámbito nas últimas décadas”. Insua incidiu en que o obxectivo é “seguir mostrando ao mundo o traballo das palilleiras, apoiar o talento novo e facer da Mostra un espazo cada vez máis atractivo e ambicioso”.