Novas obras de adecentamento do parque infantil no porto de Camelle
01 de decembro de 2010 (07:11 h.)
En breve executaranse as obras de mellora, adecuación e conservación do parque infantil emprazado na zona portuaria do porto de Camelle. Todo unha vez que Portos de Galicia autorizou ao concello de Camariñas a levalas a cabo.
As obras consistirán na reposición do mobiliario infantil, mantemento e reposición dos firmes e pavimentos, sinalización, xardíns e outros elementos do parque. Contemplan tamén a execución das obras necesarias no que se refire á infraestrutura do parque e a instalación dos elementos de xogo, así como a limpeza, e mellora da instalacións infantís.
Novas relacionadas
- O Balonmán Encaixe acadou unha importante vitoria no derbi coruñés.
- Os árbitros non deixan gañar ao Conservas Boya.
- O temporal azota ao Museo de Man.
Fonte
- Nota de prensa de Portos de Galicia.