Os árbitros non deixan gañar ao Conservas Boya

06:57 30/11/10
A actuación arbitral condicionou o partido do Conservas Boya ante o Sedona e déronlle o triunfo ao Bueu, que
levou os dous puntos dunha forma totalmente inxusta, por un tanteo de 30-31.
O Camariñas que realizou un fantástico encontro e dominou en todas as facetas do xogo, viu como nos últimos 10 minutos os colexiados ata se rían das bancadas onde o público estaba indignado.
Con todo, o Conservas mantense de 4º na 1ª Autonómica Masculina con 10 puntos, e a vindeira semana visita o campo do líder, o Carballal.
Datos do encontro
Datos do encontro![balonmanCamarinasConsBoya]()
- Resultado: Conservas Boya Balonmán Camariñas, 30 - Seis do Nada, 31.
- Conservas Boya: Félix (p), Lalá (p), Víctor (p), Alan, Fari (3), Diego Alonso, Felipe (4), Quin (6), Moncho (3), Catalán (3), José Ramón (5), Xabi, Perón (7).
Vindeira cita
Sábado 5 de decembro desprázase o Camariñas a casa do líder, o Carballal, con ánimo de facer os 2 puntos.Máis información
Novas relacionadas
- O Balonmán Camariñas afianza o paso e xa gaña fóra da casa.
- O Balonmán Encaixe gaña e convence ante un rival directo
- O Conservas Boya comeza o ano con derrota.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.