Novo roubo na oficina do Banco Santander da Ponte do Porto

Oficina do Banco Santander da Ponte do porto

Esta mañá de martes 27 de febreiro, arredor das 13:00h, tivo lugar un roubo na oficina do Banco Santander da Ponte do Porto. 

Foi un home o que atracou, cun arma de fogo a sucursal bancaria, levando unha cantidade de cartos por determinar. Segundo a Garda Civil, o individuo entrou no banco e supostamente ameazou aos empregados  para que lle abrisen a caixa, de onde subtraeu os cartos.

A Garda Civil buscan pola zona ao presunto autor, mentres a Policía Xudicial de Corcubión investiga o caso.

Mala sorte para unha oficina que xa sufrira un roubo en xaneiro de 2019, cuio autor foi cazado in fraganti na chamada Operación Boludo.

Máis novas