O aumento de visitantes refrenda ao Faro Vilán como exemplo de xestión turística

Visitantes disfrutando tamén na cafetería do Faro Vilán duns documentais sobre a Costa da Morte

Segue sendo o Faro Vilán un dos espazos turísticos mellor coordinados. Mentres seguimos esperando que o Faro de Fisterra se convirta nunha verdade porta de entrada para os turistas en toda a Costa da Morte, o curmán camariñán, gracias ao traballo da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, vai un paso por diante.
Agora ademais do punto de información turística que coordina Tania Carreira Rial, o Faro conta co museo, a sala de exposicións, unha tenda de agasallos e unha cafetería, onde os visitantes se poden relaxar disfrutando ademais de audiovisuais da nosa #CostadaMorte.

Leva tempo a entidade colleitando datos de visitantes, e as cifras melloran ano tras ano. E vén de balance os visitantes que pasaron polo faro Vilán o pasado mes de outubro. Foron un total de 3.216 persoas as que entraron no Faro, case o 20% máis que o mesmo mes do ano anterior. O groso dos visitantes deste mes, cun 47% procede da propia Comunidade Autónoma, dos que o 73% proceden da provincia.

Entre os turistas nacionais, destacan os procedentes de Madrid, cun 25%, seguido de Castela e León e Cataluña, ambas cun 15%.

Se falamos dos visitantes estranxeiros (o 10% do total, dos visitantes), destacan os procedentes de Francia, cun 26% do total dos visitantes de fóra de España, seguidos por países de centro e Sudamérica (16%), Suiza (13%) e Reino Unido (12%).

Máis exposicións

A sala de exposicións estará ocupada con distintas exposicións ata xaneiro de 2017. Este mes de novembro, toca cos óleos de Sandra Díaz Boullosa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).