Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Ollando unha Galiza en Branco e Negro dende o Faro Vilán

Ollando unha Galiza en Branco e Negro dende o Faro Vilán
Inauguracion da expo de Galiza BN en Camarinas-Foto-Juanma Ronquete

Xa estivemos en Muros ollando a Galiza en Blanco e Negro. Hoxe imos ata o Faro Vilán, ese punto de referencia cultural da bisbarra recuperado polos empresarios camariñáns. Alí, o Colectivo Galiza B/N traouxo 40 obras fotográficas de 40 autores galegos que comparten o gusto polo procesado en branco e negro. Entre eles, varios amigos costeiros ben coñecidos da familia QPC, como Quin Caamaño ou Juanma Ronquete, que ademais demostrou a súa vea musical tocando o saxo como os anxos.

Solo de Saxo (Alfonsina y el mar) por Juanma Abelleira Ronquete from Tonete Lopez on Vimeo.

A temática é libre e podemos ver toda clase de imaxes, só cun nexo común, o B/N. A exposición poderase visitar ata o 3 de outubro.

Inauguracion da expo de Galiza BN en Camarinas-Foto-Juanma Ronquete Inauguracion da expo de Galiza BN en Camarinas-Foto-Juanma Ronquete

Colectivo Galiza B/N

Galiza Branco e Negro é un colectivo fotográfico xurdido en marzo do ano 2009, e integrado maioritariamente por afeccionados e algún profesional que teñen entre si como nexo común o gosto polo procesado en branco e negro e a súa relación con Galiza, ben sexa por teren nacido aquí ou por seren residentes.
O colectivo ten presenza nas redes sociais dende Flickr na súa orixe (http://www.flickr.com/groups/galizabn/), mais recentemente como grupo de Facebook (https://www.facebook.com/groups/galizabn/), e próximamente con conta en Twitter, blogue en Tumblr e páxina de Google+.
Ao longo destes 4 anos, o colectivo foi desenvolvendo actividades esporádicas, fundamentalmente quedadas fotográficas, ademáis da publicación nas redes sociais das obras dos seus compoñentes. Deste xeito, foi medrando tanto en número de membros como na calidade das obras compartidas, o cal motivou a plantexar a organización dunha exposición colectiva que permitise divulgar a fotografía dende o punto de vista de uns simples afeccionados moi cercanos ao espectador.

Lista de autores desta exposición

  • Abel Pereira Matalobos.
  • Alberte A. Pereira.
  • Alex Carral.
  • Ana Rey.
  • Angel Gilberto “Papigil”.
  • Antonio G. Eiras.
  • Beatriz Maroño.
  • Carlos Dobaño.
  • Carmen Cristino.
  • Delio Sánchez.
  • Elena Abad.
  • Emilio Luis López.
  • Felipe Ogando.
  • Fran Nieto.
  • Fco. Carlos Cubiles Ortega.
  • Francisco Javier Bayolo Hermida.
  • Gloria López Méndez.
  • Isabel Janeiro.
  • Isidro Cea.
  • Jaime Varela.
  • Javi Bregua.
  • José Luis García Mendoza.
  • Jose M. Suárez Domínguez.
  • José Manuel Nóvoa Blanco.
  • Juan De Dios Romero.
  • Juanma Abelleira Ronquete.
  • Luis Leclere Rodríguez.
  • Manuel Muíños García.
  • María José Rivera Romero.
  • María Llavona.
  • Máximo Vázquez Villar.
  • Quin Caamaño.
  • Roberto Rey.
  • Ruairi O’Donell.
  • Rubén Blanco Fábregues.
  • Sebas Rozas.
  • Sonia María García García.
  • Tonete López.
  • Vanesa Nogueira.
  • Verónica F. Blanco.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios