Domingo. 25.08.2019
El tiempo

Os empresarios de Camariñas reciben axuda para seguir dinamizando o Faro

Os empresarios de Camariñas reciben axuda para seguir dinamizando o Faro
Diego Calvo e Olga Campos

Por fin, a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas vai recibir unha axuda para poder desenvolver o seu piloto proxecto de dinamización do faro. A experiencia que están a desenvolver os empresarios é un exemplo perfecto para toda Galicia, que poder recuperar centos de espazos tan simbólicos e devolvelos á vida sociocultural de cada zona.

Ata agora, a entidade camariñá leva máis dun ano traballando con fondos propios, o que outorga aínda máis mérito ao seu proxecto. I é que neste centro a asociación de empresarios desenvolve todo tipo de actividades culturais e turísticas. Cada mes dispón dunha exposición artística, organiza anualmente un certame de pintura e encontros de artistas, ademais doutros actos coma presentación de libros, conferencias…

Esta pasada semana, a entidade recibía unha das súas primeiras axudas, da man da Deputación que aporta 12.000 euros para o edificio de servizos do faro de Cabo Vilán.

Obras no Faro

En concreto, esta partida permitirá financiar as obras que se levaron a cabo no recinto e que incluían a colocación dun teito de cristal no patio interior do inmoble e o acondicionamento da aula de interpretación. Adaptarase o chan e instalarase calefacción radiante, un sistema de enerxías alternativas e mobiliario. Ademais, agora dispón de cafetería e tenda.

O obxectivo é dar unha maior visibilidade ao faro Vilán, converténdoo na sede da actividade cultural e turística de Camariñas e de toda a comarca. Por iso, a presidenta da entidade Olga Campos, agradeceu o compromiso da Deputación con este proxecto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios