O BNG de Cee e de Camariñas aposta polo pequeno comercio no Nadal
Ao igual que o Apalpador e o noso compañeiro Berto Rouget, nestes días de consumismo exacerbado, é importantísimo saber onde facemos as nosas compras. Así, o BNG de Cee e o de Camariñas pon de novo en marcha a campaña de apoio ao pequeño comercio local de ambas vilas.
I é que o grande desequilibrio xerado no sector comercial pola grande cantidade de oferta, debido a expansión de grandes superficies comerciais, fai perigrar ao pequeno comerciante.
No concello de Cee, a xa abundante oferta de grandes cadeas, vaise sumar en vindeiras datas unha nova firma de capital valenciano, competencia directa das superficies existentes na zona de Vilar de Toba, e un novo atranco para o pequeño comercio do noso concello. A mais, esta cadea vaise ver beneficiada polo goberno, cunha inversión duns 800.000 euros de cartos públicos, para facilitarlle a súa ubicación e a capacidade de competencia cos negocios xa existentes.
Esta medidas só van a por contra as cordas, e ameazar de morte ao pequeño comercio local.
Dende o BNG consideran que "o comercio local ten un papel importantísimo como dinamizador da economía do noso concello, o que gastas nel, acaba por volver dunha ou doutra maneira a ti, e non acaba en outras partes do estado, ou mesmo no extran-xeiro. É ademais, un comercio mais sustentábel e mais respetusoso co medioambiente, e significa unha aposta de futuro pola calidade, pola innovación e pola especialización".
Deste xeito, o BNG propón "medidas para contrarestar o poder das grandes cadeas e favorecer e axudar ao pequeño comercio e/ou comercio familiar". Algunhas delas son:
- Unha moratoria na implantación de grandes superficies comerciais, non deben abrir mais establecementos mentras os nosos xoves seguen a emigrar.
- Promover axudas para mellorar ou implantar comercios específicos que vendan produtos do país.
- Establecer liñas de créditos prioritarias para o comercio de proximidade ou local.
- A regulación dos horarios comerciais a prol da normalidade de xornadas laborais, tanto dos empregados/as coma dos e das comerciantes e negocios familiares. Por pór un exemplo, as grandes cadeas van abrir os domingos este mes de Nadal todo o día, o que supón un claro trato de favor cara eses xigantes do comercio. Debemos ter en conta tamén, que a día de hoxe suceden cousas tan sen sentido, como que unha grande superficie non ten porque pagar mais a un/unha empregada por traballar un domingo ou festivo, namentras un pequeño comercio debe por lei facelo.
Domingos de mercado
Neste senso, o Bng vai facer unha petición por escrito no concello, para que busque solucións, ou interceda sobre as administracións que as poidan tomar, para que eses privilexios de apertura dominical e festivos que teñen as grandes superficies e non o pequeño comercio, rematen, e cando menos poidan competir en igualdade de condicións, do contrario, a morte do noso comercio local será cuestión de tempo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).