Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Eu agasallo en galego

Eu agasallo en galego
Agasallo_eu

Onte nacía Agasallo.eu, unha plataforma na rede en que xa podes buscar regalos en galego. Un proxecto que nos lembra ao que o ano pasado desenvolvimos dende QPC, Este Nadal… agasalla en galego. Pero este ano, a proposta da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) é máis completa.

Agasallo.eu, unha plataforma dixital que compila, difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego de diverso tipo, para todas as idades e para todo tipo de acontecementos e épocas do ano.
No buscador de Agasallo.eu podes introducir criterios como o prezo, a idade da persoa que recibirá o regalo ou o tipo de produto en que pensas, e obterás unha primeira listaxe de ideas para ir concretando. De cada proposta tes información completa, e tamén información sobre como e onde conseguila, xa sexa acudindo fisicamente a unha tenda ou mercándoa a través da rede, nos casos en que sexa posible (directamente a través de Agasallo.eu non se vende).

Un disco, un xogo, unha camisola, un libro, unha cea, unha entrada a un concerto, un licor ou viño, unha subscrición, un dvd, unha fin de semana nunha casa de turismo rural, un aparello... En galego tes unha chea de opcións para elixir regalos, e a plataforma dixital Agasallo.eu ten o obxectivo de propolas, difundilas e facer que a xente as coñeza e as teña sempre en conta.
Para o Nadal, para un aniversario, para o Día d@s Namorad@s, para unha amiga ou amigo, para levar algo cando che convidan a cear na casa de alguén, para o Día da Nai ou do Pai, para o Día de Rosalía, para quen queiras, para cando queiras. As ocasións para agasallar alguén son múltiples, e desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) queren que en todas elas se teña en conta a lingua.

Presentacion de Agasallo_eu

Agasallo.eu é unha proxecto que está desenvolvido pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que contou con colaboración económica da Xunta de Galicia, e na que tamén colaboran coa difusión e implicación de empresas outras entidades, como a Asociación Galega de Editores (AGE) ou Abertos ao Galego, da Mesa pola Normalización Lingüística. Un proxecto no que ademais participaron xentes da bisbarra, pois foi desenvolto pola empresa carballesa Abertal baixo a coordinación do Normalizador tamén carballés Nel Vidal.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios