Luns. 29.04.2024
El tiempo

Un novo Nadal co Apalpador, o noso Rei Mago

Un novo Nadal co Apalpador, o noso Rei Mago
O Apalpador loita contra o consumismo exarcerbado en Galicia-Mural do CEIP San Xoan de Filgueiras Aló chega, das montañas de Tribes, ata cada casa de toda Galicia para apalpar as barriguiñas dos cativos e ver se están ben mantidos. Esa é a historia do Apalpador, a figura recuperada nos últimos anos pola cultura galega para darlle un toque máis galego, máis propio, ao Nadal. Unha figura que ademais intenta romper co consumismo exacerbado que se nos impón nestas datas. Unha das culpables desta recuperación é a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización que fai dos centros de ensino o principal foco no que vai prendendo a semente do Apalpador, ou o Pandigueiro, como tamén se lle coñece. O caso non é suplantar a identidade de Papá Noel nin dos Reis Magos, pero si é a de proporcionar lendas e contos da casa para que os pequenos crezan máis en contacto coa nosa propia cultura. Nós quedámonos coa explicación que nos trae a web de lendas Galicia Encantada, que mesmo nos trae unha cantiga das que se rimaban nas terras da montaña ourensá: Hoxe é noite de Nadal, vaite ninín á camiña que vai vir o apalpador a palparte a barriguiña.

Pola Costa

Ademais, na primeira actividade do programa de Inverno Ancestral de Senda Nova, terá lugar o vindeiro domingo 29 de decembro, a partir das 4 da tarde, no local social da AV O Santiaguiño. Mentres agardamos a chegada do Apalpador desde O Courel, pasaremos a tarde coñecendo un pouco mellor a figura deste personaxe e poñendo en práctica diferentes xogos populares e tradicionais.

E aquí vos deixamos cunha de cancións para cantarlle aos cativos:

Máis información

Novas relacionadas

Programas de Nadal dos Concellos

Fonte

Comentarios