O faro Vilán acolle unha exposición de pinturas de Gosia Trebacz

Dende mañá e ata o vindeiro 30 de xullo a sala de exposicións do faro Vilán acolle a mostra de pintura "Mar de dudas" da artista polaca Gosia Trebacz. "A súa obra móvese nun entramado aberto á complicidade, no que distintos ámbitos plásticos comparten o mesmo espazo", aclara Mercedes Rozas, comisaria da exposición. Gosia Trebacz combina na súa obra formas, materiais e cor dándolle así unha nova dirección aos seus traballos que buscan provocar a comunicación co espectador. A artista polaca utiliza o papel, a inclusión dunha simboloxía escrita e a cor coa que consigue unha pintura de xestos que establece relacións co informalismo. "As texturas son froito dunha acción calculada na que se infiltrou a improvisación e o azar que sempre interveñen fomentando a cratividade", explica Mercedes Rozas.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Asociación de Empresarios e Promoción Turísitca de Camariñas