O Porto de Camariñas liderou con 773 barcos atracados no 2013 os tránsitos en Galicia
O peirao deportivo de Camariñas liderou as cifras de chegada de tránsitos, embarcacións transeúntes que recalan temporalmente nunha instalación, a nivel galego durante o pasado ano. As instalacións náutico recreativas de Camariñas recibiron durante o pasado exercicio un total de 773 embarcacións en tránsito, máis do 10% do total de Galicia.
Portos lembra a importante repercusión económica deste no conxunto da comarca de Costa da Morte, que recibiu en total preto de 1.000 barcos. I é que aos tránsitos recibidos en Camariñas sumáronse os 161 barcos que recalaron no porto de Muxía, dende a súa entrada en funcionamento a mediados do mes de xuño pasado.
En canto a procedencia das embarcacións que recalaron na zona, son barcos estranxeiros en máis do 80% dos casos, procedentes sobre todo doutros países europeos e a súa chegada distribúese ao longo de todo o ano, de xeito desestacionalizado.
Novas relacionadas
- Denuncian o recorte de persoal a pesar das aparentes boas cifras do Porto de Brens.
- A pesca que non se comercializa, do mar de Camariñas ás familias necesitadas.
- A Reserva Mariña dos Miñarzos abre as súas cancelas.
- A presentación de Lonja na Rede marca o camiño a seguir polas lonxas galegas.
Fonte
- Portos.