O pesqueiro Terceiro Hermanos Papín tivo que ser remolcado pola Salvamar Altair
29 de xaneiro de 2021 (10:40 h.)
En apuros a 1 milla ao norte do Cabo Vilán atopábase o Terceiro Hermanos Papín cando sufría unha avaría. Afortunadamente a base do Salvamar Altair está no porto de Camariñas, e mobilizada polo Centro de Coordinación de Salvamento de Finisterre, pronto acudiu ao rescate da embarcación e a remolcou ata o porto.
Afortunadamente quedou todo nun susto.