Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Don Inda acodiu ao auxilio dun arrastreiro por problemas nas máquinas

Don Inda remolcando ao Udra
O Don Inda remolcando ao Udra
O Don Inda acodiu ao auxilio dun arrastreiro por problemas nas máquinas

O remolcador Don Inda acodiu esta mañá de mércores ao auxilio dun buque pesqueiro de altura que navegaba con problemas dende a pasada madrugada polo Corredor, a 27 millas de Fisterra. O Udra é un “Gransoleiro” (un arrastreiro que pasa longas temporadas no Gran Sol irlandés), construído en Galicia, con armador e parte da tripulación galega, pero con bandeira británica, como vén sendo unha triste realidade nos ultimos tempos, para acceder con máis facilidade a caladoiros, permisos…

Ao longo da mañá foi remolcado polo Don Inda por unha habería na máquina, ata Muros, onde contratou un remolcador comercial paraser trasladado cara Vigo.

Comentarios