O PP ratifica a partida de case 1M para a reforma integral do CEIP O Areal
Tras avaliar os Orzamentos 2026 presentados pola Xunta para a comarca, lanzaba a socialista Patricia Iglesias a alarma de que non existía unha partida para a reforma integral do CEIP O Areal de Camariñas como si aseguraran pola mañá Paula Mouzo e Rubén Lorenzo.
Pero a deputada popular camariñá Paula Mouzo saía pronto a rebatir a acusación insistindo que “a Xunta de Galicia vai invertir 965.000 euros na reforma do Colexio o Areal de Camariñas”. “Os presupostos da Xunta recollen está importante obra para Camariñas. O que me sorprende é que a deputada socialista que presume de ser "letrada" e, polo tanto, ter un avanzado coñecemento das leis de orzamentos descoñeza que non todas as actuacións previstas pola Xunta aparecen desagregadas por concellos”, critica Mouzo.
Sinala que as obras nos colexios dispoñen dunha partida xenérica global de 13.5M€ prevista para as obras de rehabilitación integral e con cargo a mesma executarase a obra do CEIP de Camariñas.