2 millóns de euros para a humanización da carballesa Avenida de Fisterra
Visita institucional hoxe da Xunta, presidida polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a Conselleira de Vivienda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, a Carballo, para asinar o convenio co Concello de Carballo para poñer en marcha as obras de humanización da avenida de Fisterra.
O goberno autonómico achegará 1,4 M€, o 70% do custe total, uns 2 millóns de euros, para mellorar un tramo da AC-552 ao seu paso polo núcleo urbano e transformalo nun espazo de convivencia e desfrute da cidadanía, máis verde e sostible. O acordo tamén inclúe a cesión da titularidade deste tramo de estrada ao á Administración municipal.
En concreto, vaise actuar en dous tramos de case 1 km da avenida de Fisterra entre as rúas Río Anllóns e A Revolta. As actuacións buscan gañar espazos nesta travesía para os peóns con novas beirarrúas e mobiliario urbano, sendas peonís, plantación de árbores e máis zonas axardinadas. Ademais, levaranse a cabo traballos para mellorar a seguridade viaria e de humanización coma renovar o firme da calzada, dotar á zona de máis prazas de aparcamento ou a renovación dos servizos urbanos de saneamento, electricidade e comunicacións así como a instalación de novas columnas de alumeado.
A Variante e a ampliación do polígono
Non puido falar unha alusión á esperada Variante ou Circunvalación que una o polígono de Bértoa con Santiago. Unha obra que leva anos paralizada. O Executivo autonómico asegurou que "vai construír a nova variante de Carballo", sen dar máis prazos que os ofrecidos o pasado mes de outubro, cando lles avanzaron aos empresarios que podería comezar a construirse en 2027...
Así mesmo, lembrou que esta mesma semana o Consello da Xunta deu conta da ampliación do parque empresarial de Bértoa, co comezo da tramitación do proxecto de desenvolvemento urbanístico (PDU). “Trátase do paso definitivo para a ampliar nun 51% o polígono, no cal imos facer un investimento de máis de 20 M€ para atender a demanda de instalacións industriais que existe nesta zona”, explicou.
Máis novas