A ampliación do Polígono de Bértoa estará lista a mediados de 2025

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reúnese coa Comunidade de Propietarios do Polígono Empresarial da localidade. Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Tras anos de loitas e demandas, e aínda A Variante de Carballo a Xunta presentoulle onte aos empresarios carbaleses o Proxecto de Ampliación do Parque empresarial de Bértoa. Un proxecto posto en marcha en xuño do ano pasado que permitirá ampliar a superficie nuns 581.000 m2, que se sumarán aos máis de 718.000 m2 da ampliación de 2011.

A Xunta, que lembra que a Lei de áreas empresariais de Galicia xa está en vigor para azilizar a tramitación da creación de solo industrial, destinará este ano preto de 180.000 euros a traballos técnicos coa previsión de redactar e aprobar o proxecto de urbanización e expropiación de solo no primeiro semestre de 2024 e, a continuación, licitar as obras. O obxectivo é rematar esta actuación a mediados de 2025.

Novas relacionadas