Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Por fin ponse en marcha o proxecto de ampliación do Polígono de Bértoa

poligono_bertoa
Por fin ponse en marcha o proxecto de ampliación do Polígono de Bértoa

Da Circunvalación seguimos sen novas, pero outra das necesidades en materia de infraestruras do Concello de Carballo parece que dá, por fin, un paso cara adiante. A Xunta vén de anunciar a adxudicación da redacción do proxecto de interese autonómico (PIA) da ampliación do parque empresarial de Bértoa. O contrato, de 62.436 euros, é para a empresa Proyfe S.L.,

A previsión que se manexa é que o documento se envíe á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda no mes de outubro e reciba a aprobación inicial a comezos do vindeiro ano.

A redacción do PIA, que foi licitada a finais de 2021, permitirá a ampliación do parque empresarial de Bértoa nunha superficie de máis de medio millón de metros cadrados, máis da metade dos cales son xa propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo.


 

Comentarios