Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Variante de Carballo ralentízase aínda máis no Parlamento

Variante Carballo Circunvalacion mapa
Mapa da Variante
A Variante de Carballo ralentízase aínda máis no Parlamento

En 2013 debía estar rematada a Variante de Carballo, proxectada polo goberno socialista en 2007. Pero ano tras ano, como fai ca Autovía, a Xunta foi desestimando ano tras ano unha infraestrutura necesaria para o desenvolvento económico da área industral de Bergantiños.
Unha obra de suma importancia para desviar o tráfico pesado do casco urbano de Carballo, sinaladamente na saída sur, unha estrada que atravesa incluso unha zona escolar e pola que circulan 15.000 vehículos cada día, dos cales 1.000 son tráfico pesado.

Semella que, coincidindo coas novas eleccións, a Xunta propón pequenos avances (os orzamentos de 2023 inclúen unha partida de 500.000€), a obra non arrinca. “Estamos a piques de comezar 2023 e non vimos ningún avance”, expresou a socialista Patricia Otero na sesión do Parlamento Galego de hoxe, mércores 7 de novembro.

O PSOE critica que ese medio millón de euros previsto nos orzamentos é “insuficiente”, e ademais, incluso de cumprirse os prazos, “como mínimo ata 2025 non teríamos esta infraestrutura”.

O encargado de responder á pregunta socialista foi o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, que lembrou que a previsión plurianual propón un investimento total de 28 millóns de euros para os dous treitos. Asegurou que a 1ª fase xa se someteu á consulta ambiental e se está a rematar a análise das alegacións e á espera dos informes das administracións afectadas, co fin de resolver o trámite ambiental no 1º trimestre de 2023, e así poder comezar cos trámites das expropiacións.

Así, “a Xunta prevé executar a 1ª fase o tramo que unirá a AC-552 no seu enlace en Bértoa coa autovía AG-55, coa AC-413 que se dirixe a Ordes e coa DP-1914”. “No ano 2023 a Xunta estará en disposición de comezar coas expropiacións e preparar o proxecto para a licitación das obras”, sinalou o director.

Novas relacionadas

Comentarios