Andrés Queijo imparte unha formación de emprendemento no Coworking Carballo

Tiña un faladoiro máis que interesante preparado para esta semana, pero as novas restricións covid atrasárono. Pero o Coworking Carballo non para. Xa son varios os novos emprendedores que teñen a súa praza reservada no espazo, e que xa poderán disfrutar dun par de sesións formativas.

Serán a os días martes 20 e mércores 21, en horario de 19:00 a 21:00 h, cando teña lugar unha doble formación para os usuarios do coworking e tamén para aqueles outros que se interesaron polo espazo porque teñen algún proxecto entre mans, aínda que non solicitaran praza polo de agora.

O curso titúlase "Estratexia Creativa para emprendedores", e será impartido polo carballés Andrés Queijo, Co-fundador de BeLanders.

O aforo máximo é de 10 persoas, tendo prioridade os usuarios do coworking, e cubrindo o resto de prazas, se quedaran libres, segundo orde de anotación no formulario da páxina web coworkingcarballo.gal.

Novas relacionadas