Luns. 19.10.2020
El tiempo

COVID: Malpica e Coristanco ascenden ao nivel 1 de alerta

  • As xuntanzas quedan limitadas a un máximo de 10 persoas en toda Galicia
Mapa de incidencia a 14-10-2020
Mapa de incidencia a 14-10-2020
COVID: Malpica e Coristanco ascenden ao nivel 1 de alerta
A Xunta vén de anunciar a limitación das xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas. As medidas foron publicadas no DOG de hoxe e faranse efectivas dende as 0:00h desde este xoves.

Cifras

Este martes facíamos balance da situación na Costa da Morte, onde quedan só 3 concellos en alerta nivel 2 ou 1.
Hoxe hai algunha variación. Se ben Laracha mantén de nivel 2 de alerta (con entre 14 e 21 casos activos), e Muros o nivel 1 (entre 7 e 14), Carballo baixa ao nivel 0.

Porén, sobe a incidencia en Coristanco e Malpica, que pasan ao nivel 1, tendo entre 7 e 14 casos activos.

Ademais, segue habendo unha soa persoa hospitalizada no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee (e ningunha en Coidados Intensivos).

Cifras a nivel Galicia

Datos Covid outubro  1Datos Covid outubro  3Datos Covid outubro  2

NOVAS RELACIONADAS

Outras novas

comentarios