Martes. 13.04.2021
El tiempo

O Coworking Carballo sae á rúa a buscar emprendedores

O Coworking de Carballo saiu a rua
O Coworking Carballo sae á rúa a buscar emprendedores

Cada vez son máis as moitas e contactos de usuarios interesados polas condicións para instalarse no espazo de Coworking de Carballo. Unha iniciativa da Concellaría de Promoción Económica e incluído na Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación Provincial da Coruña para novos tralladores freelance, autónomos… que permite utilizar un lugar de traballo no Forum Carballo cunha gran cantidade de vantaxes.

Para seguir buscando inquilinos, o persoal do Coworking estiveron o pasado domingo no posto instalado na feira de carballo, na esquina da rúa Coruña, onde habitualmente se colocan todos os postos de información ou calquera acción relacionada con actividades do concello como o da Compostaxe "Ti tes a chave”, etc.

O fin era promocionar o Coworking, os seus servizos, os usos que se lle poden dar, os usuarios que poden solicitar praza e as condición precisas, etc, pero a pé de rúa, falando directamente coa xente da comarca que acude á feira, en lugar de facelo vía mail ou persoalmente pero só a través de administracións.

Ben é certo que a había máis xente preguntando polo turismo e polo programa de compostaxe que polo propio Coworking, pero si que houbo interesados nas condicións a cumplir para optar a praza. A maioría xente xoven da zona de Carballo, autónomos xa dados de alta pero con menos de 2 anos e que agora mesmo están traballando desde a casa, e tamén xente que, inda que non son novos autónomos ou empresas, si teñen novos proxectos por cambio de actividade e de indice no IAE, algo que tamén está contemplado para poder incorporarse a este espazo.

Podedes informarvos mellor en coworkingcarballo.gal.

Novas relacionadas

comentarios