Aurelio Núñez sinala que Evencio Ferrero só será a foto do cartel do BNG na súa presentación como candidato do PP

Presentación de Aurelio Núñez como candidato do PP de Carballo 2019

Presentación especial tivo o novo candidato ás eleccións municipais de 2019 do PP de Carballo. Despois da presentación oficial de todos os candidatos de Bergantiños, Diego Calvo achegouse este domingo a Carballo para presentar a Aurelio Núñez, nunha cita na que se argumentou mesmo en clave estatal, lembrando a candidatura que o BNG vai levar a cabo nas Europeas xunto con ERC e Bildu: “votar o BNG é facelo a un partido que pensa igual que Torra e Puigdemont, que defende a Otegui e que queima as bandeiras de España”, sinalou o presidente provincial Diego Calvo.

En clave local, Calvo sinalou que “van utilizar a Evencio para tentar gañar as eleccións, pero todos sabemos que Evencio xa non quere seguir, que é a gran mentira do BNG nas municipais. ten data de caducidade”,

“Aquí a xente pensa como pensa o Partido Popular, en Carballo a xente pensa como pensa Alberto Núñez Feijoo e como pensa Aurelio Núñez”, indicou Calvo, que destacou a “gran vocación de servizo público” do sei candidato.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/juan-carlos-garcia-a-unica-novidade-do-pp-para-as-municipais-en-bergantinos/