As bibliotecas dos centros de ensino carballeses énchense con produto local

Alberto Gende, Encher o baleiro, dos irmáns Xurxo e Juan Gende, ou Buño de seu, de María Barca, son algunhas das obras que a Concellería de Cultura está espallando polos centros de ensino. Un feito que repite cada ano, poñendo en valor a cración local para que as escolas e institutos enchan de cultura da casa as súas bibliotecas.

Nos últimos anos teñen entregado a todos os centros de ensino de primaria e secundaria obras de carballeses e carballesas coma Xan Fraga, Alberto Varela, Xurxo Borrazás ou Rosalía Fernández Ríal, entre outros. Pero ademais da promoción da literatura dos nosos creadores, o Concello de Carballo tamén traballa de maneira continuada na difusión do libro e da lectura a través de iniciativas como a Semana do Libro e a Lectura ou a Praza dos Libros, xunto con actividades moi diversas que se desenvolven ao longo de todo o ano nas bibliotecas municipais.