Martes. 23.04.2024
El tiempo

Carballo lembra o 10º cabodano de Alberto Gende

exposicion alberto gende
Carballo lembra o 10º cabodano de Alberto Gende

Coa “Alberto Gende. Encher o baleiro”, o Concello de Carballo quere render homenaxe ao artista carballés no seu 10º cabodano. A exposición, que recolle obras dos seus 25 anos de carreira, será inaugurada o venres 11, ás 19.30 horas, no Pazo da Cultura.

Un bo xeito de descubrir por que foi un dos nomes imprescindibles do deseño galego. Gran parte dese material está recollido no libro do mesmo título, asinado por dous dos irmáns do homenaxeado, Juan Félix e Xurxo, e que se presentará na apertura da mostra, na que se exhiben cadros, deseños, fotografías e obxectos persoais.

Á homenaxe quixéronse sumar, para poñerlle a banda sonora, Mara Pérez e Alberto Vecino, de Chicharrón; Diego Gende, ex de Chicharrón e irmán de Alberto; Luis Mosteiro, ex de Hijos de Rivera; e a poeta Rosalía Fernández Rial. Colabora no mobiliario e decoración da exposición a galería de arte Manolo Eirín.

Os beneficios da venda da primeira tirada irán destinados á Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro.

Comentarios