O BNG considera necesario un segundo Centro de Saúde para Carballo
07 de outubro de 2021 (15:39 h.)
A necesaria remodelación do saturado Centro de Saúde de Carballo está enriba da mesa. O PP propuña convertir o o actual edificio nun Centro Integral de Saúde, traendo novas especialidades e centralizando a artención comarcal.
Pola súa parte, o BNG, que xa amosaran a súa discrepancia, presentou hoxe a súa iniciativa para pedir un segundo Centro de Saúde para a capital carballesa ante a saturación no actual edicifio. “Basta falar con calquera profesional de Carballo”, como nos contaban esta mesma semana pasada, para ver a saturación dun complexo que está no límite a súa capacidade”, sinalaba, por exemplo, Ferrero, dando conta de que os médicos teñen 35.000 tarxetas asinadas e teñen días nos que atenden a máis de 50 pacientes.
NOVAS RELACIONADAS
- O Centro Integral de Saúde de Carballo ou un novo proceso de centralización dos recursos no rural.
- Carballo discrepa pero pide a creación do Centro Integral de Saúde de Bergantiños.
- @s profesionais dos Centros de Saúde paran ante a catastrófica situación da Atención Primaria.