Cances prepara unha fin de semana de castañas e rock local

Rusty Nuts volverá soar en Carballo

Esta será unha fin de semana moi especial en Cances, Carballo. A A.C. Sancampio prepara unha doble sesión, con música e magosto.

Para o venres 10 toca a XVII edición do Festival Pop-Rock Live in Cances. Serán os carballeses Rusty Nuts, que xa coñecimos con Maikel DJ na sección #Soandoconforza os que poñan a música. Tamén debutarán os veciños Aquilon, todo a partir das 22:00h no local social.

Para o domingo 11, a cita xa é co magosto de outono, con castañas asadas, chocolate, viño, e teatro infantil e baile.

Máis novas